AYUDA A DOMICILIO PARA FOMENTAR LA AUTONOMÍA Y MEJORAR LA CALIDAD DE VIDA DE LOS MAYORES

AYUDA A DOMICILIO PARA FOMENTAR LA AUTONOMÍA Y MEJORAR LA CALIDAD DE VIDA DE LOS MAYORES

O servizo de axuda a domicilio é un recursos polivalente, versátil e ten un gran compoñente preventivo, onde se debe procurar fomentar a autonomía das persoas compensando as súas limitacións. Deste servizo encárgase dende hai case case 20 anos o centro coruñés Siad24, a través dun equipo multidisciplinar – traballadores sociais, xerocultores, terapeutas ocupacionais ou psscólogos – e altamente calificado na área de antención social e sanitaria. Este equipo encárgase de prestar servizo en A Coruña e a súa área de influencia para traballar por e para as persoas usuarias co obxectivo de fomentar a súa autonomía e, nos casos que non sexa posibloe, mellorar a súa calidade de vida.

O modelo de intervención de Siad24 está centrado na persoa, a través dunha atención integral e evolutiva adaptada ás necesidades do usuario. Siad24 contempla un catálogo con diferentes servizos entre outros todo o relacionado co aseo persoal, que inclúe baño en ducha, aseo e cama, cambio de roupa e cueiro, afeitado, lavado e peinado de cabelo, hixiene da boca e beizos, coidado da pel, corte de uñas das mans e prevención de úlceras por presión, control das constantes vitais… Tamén presta apoio á mobilización con tarefas como o traslado da cama ao sofá e á silla de rodas, levantar e deitar á persoa usuaria, traslados de posición e ubicación, axuda á mobilidade polas dependencias do domicilio e fora deste, fomente de bos hábitos posturais na utilización de andadores, sillas de rodas, grúas e demais axudas técnicas.

En canto ó apoio terapéutico, Siad24 ofrece actividades dirixidas e programadas baixo a supervisión de especialistas terapéuticos, destinadas a maximizar o benestar e a calidade de vida da persoa dependente. A entidade conta ademais co servizo de acompañamento de noite e de día no domicilio, en hospitais, institucións privadas, ademais de acompañar á persoa usuaria visitas médicas, rehabilitacións ou xestionar a súa axenda. O católogo de servizos complétase con actividades enfocadas a fomentar hábitos saudables a través de programas individualizados e deseñados para promover unha vida saudable, un óptimo funcionamento cognitivo, emocional e motivacional.